A Comunidade de Montes ven de asinar un acordo de deslinde



O Presidente da Comunidade de Montes de Prado da Canda, Mauricio Lamosa Blanco, asinou no xulgado de paz de Covelo, un acordo amistoso de deslindes. O 26 de Novembro do 2008 asinouse o acordo entre as Comunidades de Montes de Parada de Achas, A Lamosa e Prado da Canda. O titular do xulgado de paz de Covelo, Don Carlos Manuel García Rodríguez, foi o encargado de dar fe do acordo. Con este acordo as Comunidades de Montes afectadas poden amojonar o deslinde dos montes comunais, ao amparo dunha subvención da Xunta de Galicia. A subvención estaba destinada a facilitar o amojonamento dos lindes das comunidades de montes, sempre que houbese un acordo amistoso entre os interesados.