A Comunidade de Montes convoca aos veciños para limpar de maleza a Fonte da Rega da Veria e a Fonte da Prata. A limpeza será o Sábado 29 de Agosto ás 9:00 horas. Os veciños están convocados para saír todos xuntos dende a fonte da Aldea de Arriba. A Comunidade de Montes espera que a convocatoria teña éxito, e acudan moitos veciños a realizar os traballos de limpeza necesarios para conservar en bo estado estes lugares de interese comunitario.
Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común
Artigo 2 Os montes veciñais en man común son bens indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables, e non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin á cuota empresarial da Seguridade Social, de acordo co artigo 2.1 da Lei 55/80.