A Xunta de Galicia planta frondosas no monte comunal

A Xunta financiou a plantación de frondosas caducifolias no monte comunal. Con esta plantación a Comunidade de Montes pretende ampliar o abano de especies arbóreas plantadas no monte comunal. O lugar escollido foi na bagoada da Fonte da Veria.

OS VECIÑOS TRABALLAN XUNTOS NO MONTE:

Veciñas e veciños acudiron con desbrozadoras, fouces e outros utensilios a limpar a Fonte da Prata e a Rega da Vería. A limpeza da maleza deixa ao descuberto un altar, e unha fonte. Este patrimonio forma un conxunto moi interesante, que agora limpo podemos desfrutar.

A COMUNIDADE DE MONTES CONVOCA AOS VECIÑOS.

A Comunidade de Montes convoca aos veciños para limpar de maleza a Fonte da Rega da Veria e a Fonte da Prata. A limpeza será o Sábado 29 de Agosto ás 9:00 horas. Os veciños están convocados para saír todos xuntos dende a fonte da Aldea de Arriba. A Comunidade de Montes espera que a convocatoria teña éxito, e acudan moitos veciños a realizar os traballos de limpeza necesarios para conservar en bo estado estes lugares de interese comunitario.

A Comunidade de Montes ven de asinar un acordo de deslinde



O Presidente da Comunidade de Montes de Prado da Canda, Mauricio Lamosa Blanco, asinou no xulgado de paz de Covelo, un acordo amistoso de deslindes. O 26 de Novembro do 2008 asinouse o acordo entre as Comunidades de Montes de Parada de Achas, A Lamosa e Prado da Canda. O titular do xulgado de paz de Covelo, Don Carlos Manuel García Rodríguez, foi o encargado de dar fe do acordo. Con este acordo as Comunidades de Montes afectadas poden amojonar o deslinde dos montes comunais, ao amparo dunha subvención da Xunta de Galicia. A subvención estaba destinada a facilitar o amojonamento dos lindes das comunidades de montes, sempre que houbese un acordo amistoso entre os interesados.